Tan fácil de comprender y sin embargo tan inexplicable, se debe al hecho de que reproduce todas las emociones de nuestro ser más íntimo, pero de una manera totalmente falta de realidad y alejada de su dolor. La música expresa sólo la quintaesencia de la vida y sus acontecimientos, nunca estos en si mismos. (Schopenhauer)

Ao son das campás… da vila de Baiona.

Posted: agosto 10th, 2015 | Author: | Filed under: acustica, etnomusicologia, eventos, historia, paisaje sonoro | No Comments »

O vindeiro sábado, 15 de agosto de 2015, celebrarase na Vila de Baiona de Miñor un acto singular e histórico. Por primeira vez e nun só día as súas campás falarán para comunicar como o fixeron ao longo da Historia os acontecementos que ían ocorrendo na Real Vila.

Comezaremos ás 18:00h diante da Capela de Santa Liberata onde, despois duns pequenos apuntes históricos sobre  ela, o campaneiro abrirá a xornada cos toques que neste santuario se realizaban. A ruta circular polo Casco Vello, e cun horario aproximado, lévanos a continuación á capela baixo a advocación de San Xoán do Castelo, cuxo modesto interior poderemos ollar, e que permanece pechada todo o ano a excepción  da Semana Santa e o día do seu patrón.

Fundado alá polo ano 1547 por unhas oito mulleres, entre as cales a primeira foi Mayor Fernández de Acuña, o Convento da Anunciación de Madres Dominicas será o noso seguinte destino. Neste punto, as relixiosas de clausura repicarán as súas afinadas campás (do século XVIII e XIX) interpretando ao longo (aproximadamente) dunha hora, os diferentes toques entre os cales podemos destacar o toque de laudes, primeiro toque do día polo que se guiaban os mariñeiros para saír ao mar, ou o toque de misa acompañado dun Angelus.

A capela da Misericordia, sede da histórica Confraría da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona, será o noso penúltimo descanso. Esta obra pía, fundada polo Capitán Rodrigo García en 1574, será a encargada de mostrarnos os seus toques de campá, entre os que destaca o de defunto, coñecido popularmente como A Agonía da Misericordia.

Remataremos, tras subir pola Rúa do Hospital, baixo a gran torre campanario da antiga Colexiata de Santa María. O acto central que terá lugar nesta igrexa, parroquial da vila, ao remate da misa das 20:00, estará dirixido polo campaneiro Ángel Vilar Montero (Lito de Mauricio) que mostrará os diferentes toques coñecidos. Entre eles, podemos destacar xunto aos comúns (incendio, misa, procesión, defunto,  cabodano…), o volteo das campás con toques catedralicios ou o toque familiar de La Raspita.

O acontecemento organizado polo IEM e a Asociación Pro Hermanamientos Cristóbal García Sarmiento, foi arroupado pola parroquia de Santa María, o Concello de Baiona, ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), o Convento de Madres Dominicas e a Confraría da Santa Casa de Paz e Misericordia.

Información vía IEM.

Be Sociable, Share!


Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.